HomesociedadeAdif destina 4M€ á supresión de catro pasos a nivel en Sarria

Adif destina 4M€ á supresión de catro pasos a nivel en Sarria

Construiranse un paso inferior e unha pasarela peonil, e melloraranse viais existentes, que se conectarán con outras estruturas de permeabilidade xa en servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Adif suprimirá catro pasos a nivel na liña convencional Ourense-Monforte de Lemos- Lugo, actuación licitada cun orzamento de 3,95 M€. Trátase dos pasos situados nos puntos quilométricos (PPKK) 393/072, 393/993, 394/849 e 395/420, no termo municipal de Sarria. As solucións previstas inclúen o acondicionamento, mellora e ampliación de viais existentes, a conexión con outras estruturas de paso a distinto nivel xa en servizo (paso superior) e unha obra de drenaxe transversal no regato das Paredes. Ademais, executarase un paso inferior baixo a vía férrea para restituír o tráfico peonil e de vehículos agrícolas á altura do PK 394/849, dando continuidade ao Camiño de Santiago e os viais agrícolas existentes que conflúen nese punto. Esta actuación implica a depresión (baixada de cota) dos viais de conexión cara á zona. Pola súa banda, a continuidade do Camiño de Santiago á altura do PK 395/420 resolverase mediante a execución dunha nova pasarela, con ramplas de pendente adaptada para persoas con mobilidade reducida. As solucións mellorarán a permeabilidade transversal no municipio e incrementarán as condicións de seguridade para a mobilidade dos peóns e os tráficos ferroviarios e viarios.

A supresión destes catro pasos súmase ás actuacións en marcha para eliminar outros 19 pasos a nivel no traxecto Ourense-Monforte-Lugo (dous na cidade de Ourense, dúas en Monforte, nove no termo municipal de Sarria e seis en Lugo capital).

Liña renovada e conexión coa alta velocidade

Adif está a levar a cabo unha ambiciosa renovación integral do corredor Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 km) para reforzar a fiabilidade e capacidade de circulación da liña, que conecta coa alta velocidade en Ourense, ademais de renovar e ampliar estacións como as de Monforte e Lugo. Modernizouse todo o material de vía (carril, balasto, travesas), reforzáronse estruturas, desmontes e terrapléns, e adaptáronse os gálibos das pontes e túneles da liña, entre outras actuacións. Ademais, adaptouse o sistema de electrificación existente no tramo Ourense-Monforte para o seu funcionamento tamén a 25 kV, e instalouse a electrificación no tramo Monforte-Lugo.

ÚLTIMAS

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...