Homesociedade90.000€ da Xunta para apoiar os programas de saúde mental de Albores

90.000€ da Xunta para apoiar os programas de saúde mental de Albores

As deputadas autonómicas do Partido Popular, Katy Varela e Raquel Arias visitaron a Asociación Albores en Monforte que traballa na atención ás persoas con enfermidades mentais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As deputadas populares poñen en valor as achegas de Xunta de Galicia que suman máis de 89.000€ dende a Consellería de Política Social e Igualdade na última anualidade para a execución de distintos programas impulsados pola propia asociación ou en conxunto con outras asociacións.

A portavoz de Política Social do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Raquel Arias, destaca “o traballo que está a realizar todo o movemento asociativo da comarca” e, de forma particular, “a Albores pola atención integral aos enfermos de saúde mental e tamén ás súas familias co recoñecemento e apoio de forma permanente por parte da Xunta de Galicia”.

A popular subliña especialmente o apoio desta entidade ás mulleres con enfermidade mental que viven no rural “por ser un colectivo especialmente vulnerable”. E pon en valor a posta en marcha dunha segunda vivenda protexida para mulleres con enfermidade mental.

Albores está a desenvolver na actualidade, entre outros, o programa ‘Rede Mente: mulleres e saúde mental’ no que participan 15 mulleres diagnosticadas de saúde mental na zona sur de Lugo e que conta cunha axuda de máis de 13.500€.

Este programa desenvolve unha atención integral dende a perspectiva de xénero, que consta dun conxunto de intervencións técnicas especializadas, levadas a cabo por un equipo multidisciplinar composto por Psicóloga, Traballadora Social, Terapeuta Ocupacional e Asesora Xurídica co obxectivo de mellorar as súas competencias e recursos persoais e sociais coa finalidade de acadar unha mellor integración en termos de igualdade respecto dos homes. Tamén se introducirá a visión interseccional para compensar as desigualdades das mulleres con enfermidade mental, respecto do colectivo xeral de mulleres.

No ámbito da inclusión social, a asociación Albores recibiu axudas con cargo á convocatoria de IRPF (0,7%) de 2024, actualmente en execución, para o programa de inclusión residencial ‘Vive con saúde mental’ para o que o Goberno galego lle concedeu 20.250€.

Ademais esta entidade obtivo axuda para outros programas das áreas de familia, discapacidade e igualdade na mesma convocatoria que solicitou en agrupación con outras dúas entidades (Morea e Gavela) e que supoñen outros 55.383€.

ASOCIACIÓN ALBORES

O ámbito de actuación da asociación Albores é a poboación con enfermidade mental dos 11 municipios do distrito sur da provincia (Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Folgoso do Courel, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober).

Albores dispón de dous centros de rehabilitación psicosocial e laboral en Monforte e Chantada, dous pisos protexidos, servizo de axuda no fogar especializada en saúde mental, servizo de comedor ou xantar a domicilio, centro de día en horario de tarde, acompañamento integral para a prevención do suicidio para persoas en risco, apoio xudicial, apoio ás familias e programas de respiro, información, orientación e asesoramento, ocio durante as fins de semana e prevención e sensibilización social.

A entidade realiza, de ser necesario, desprazamentos aos domicilios coa finalidade de facilitar o acceso a un colectivo con importantes barreiras para a participación; xa que é frecuente que atendan a persoas dependentes que residan no rural e que non dispoñan de capacidade para conducir por mor da enfermidade mental ou dos tratamentos farmacolóxicos.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...