HomesociedadeO aceite de Quiroga presente na nova edición de 'La Vuelta'

O aceite de Quiroga presente na nova edición de ‘La Vuelta’

Formará parte novamente do stand “...E para comer, Lugo”, que a asociación de hostalaría da provincia de Lugo (APEHL) coloca na zona vip de todas as saídas de etapa da volta ciclista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O aceite de Quiroga acompañará novamente á volta ciclista a España formando parte do stand de “…E para comer Lugo” Así se presentou na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo nun acto ao que tamén acudiu o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera.

A volta ciclista arrancará o 17 de agosto en Portugal, onde desenvolverá as tres primeiras etapas. Este ano La Vuelta terá numerosas etapas no norte peninsular, con catro etapas en terras galegas. En total os ciclistas disputarán 21 etapas que os levará a recorrer unha distancia de 3.265 quilómetros ata o seu remate o 8 de setembro.

Esta é a sexta vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a Asociación de Hostalaría da Provincia de Lugo (APEHL) dende hai trece anos mostrando ao mundo a riqueza gastronómica e turística da provincia lucense.

Será o propio persoal da asociación quen atenderá aos asistentes e, a maiores de servir aperitivos elaborados con produtos da terra –entre os que se atopa o aceite quirogués-, difundirá exemplares da nova edición da guía turístico gastronómica …E para comer, Lugo.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...