HomesociedadeMonforte destina 64.000€ para substituír as pérgolas da Praza Ponte Fontecha e...

Monforte destina 64.000€ para substituír as pérgolas da Praza Ponte Fontecha e Rúa Reboredo

A Xunta de Goberno este luns, día 4 de agosto ás 9:00h da mañá, adxudicou o proxecto de substitución das pérgolas da Praza Ponte Fontecha e da Rúa Reboredo, polo estado deficiente de conservación no que se atopan, ao tratarse dunhas dotacións municipais de mais de 15 anos de antigüedade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os proxectos de execución de Substitución das Pérgolas, foron aprobados o pasado 6 de xullo e na Xunta de Goberno Local do pasado luns, 4 de agosto, foron adxudicados á empresa Extraco S.A. por un importe de 44.608,43 € IVE engadido no caso das pérgolas da Praza Ponte Fontecha e de 19.572,22 euros IVE engadido, para a substitución das pérgolas da Rúa Reboredo, con un prazo de execución de 3 meses, por ser as ofertas mais ventaxosas para o Concello, das que se presentaron para levalo a cabo.

Tal e como se describe nos proxectos de substitución das pérgolas, estes equipamentos municipais atopábanse nun estado de conservación deficiente, presentando algunhas pezas en mal estado de conservación, e con algún apoio no pavimento que presentaba deficiencias.

No caso das pérgolas da Praza Ponte Fontecha, trátase dun total de cinco pérgolas formadas por piares e vigas de madeira pintada, todas de planta cadrada, dúas delas teñen unhas dimensións de 4,70 x 4,70 m., aínda que con diferentes alturas, unha delas mide 3,90 m. de alto e a outra 3,20 m. e as outras tres, son de dimensións de 3,30 x 3,30 m., e tamén están deseñadas a diferentes alturas: 3,60 m. e 3,20 m.

Tal e como explicaba o Alcalde, as actuacións a realizar consistirán na substitución das pérgolas existentes na actualidade, por outras novas, colocadas na mesma ubicación e que terán as mesmas dimensións.

En canto as pérgolas da Rúa Reboredo, trátase de dúas pérgolas de planta cadrada, de diferentes dimensións, unha mais grande que mide 4,70 x 4,70 m e de 3,70 metros de altura e outra mais pequena, de 3,30 x 3,30 m e de 2,90 m de altura. Neste caso, tamén se manterá a ubicación e dimensións das pérgolas existentes na actualidade.

As novas pérgolas serán de aceiro inoxidable e madeira, cos piares e vigas en aceiro inoxidable, un material mais duradeiro e de mellor conservación que as actuais, e as vigas superiores serán en madeira, integrándoas no entorno no que están ubicadas e que tal e como explicaba o Alcalde, van a supoñer unha mellora moi importante na estética da cidade, no centro mesmo de Monforte.

En total a inversión nas novas pérgolas ascende a mais de 64.000 € IVE engadido que mellorarán a estética dos dous espazos públicos da cidade.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...