Homesociedade581.000€ en axudas a sete empresas de Chantada e Sober para impulsar...

581.000€ en axudas a sete empresas de Chantada e Sober para impulsar o enoturismo

A Xunta de Galicia fomenta o enoturismo na Ribeira Sacra coa concesión de axudas por importe global de 581.000 euros a sete empresas do sector de Chantada e Sober: Adega Ribada, Vía Romana, Val de Lenda, Alma Galega, Cabo do Mundo e A man de Prado, e a área para autocaravanas Solpor Camperpark.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou esta semana dous do proxectos. Solpor Camperpark ampliará o número de prazas. Este negocio recibiu unha axuda para a súa posta en marcha a través de Agader e contou co asesoramento do Polo de Emprendemento situado en Monforte de Lemos. O pasado mes de decembro foi recoñecida co primeiro premio Agader de Desenvolvemento Rural no apartado de turismo.

A adega, A man de Prado, obtivo unha achega para acondicionar o exterior e unha sala de xogos e introducir outras melloras das instalacións. En xeral, os apoios están destinados a obras de adecuación para eventos e a ampliar a oferta de experiencias arredor da cultura vitivinícola e a gastronomía. Na provincia resultou beneficiaria tamén unha empresa de apartamentos turísticos en Ribadeo.

Esta liña de axudas para establecementos con encanto en destinos enogastronómicos enmárcase no Plan Territorial de Sostibilidade Turística (PSTD) Enogastronomía de Galicia 2023-2025, que conta cunha dotación total de 34,5 millóns de euros cofinanciados pola Unión Europea, a través do Mecanismo de Recuperación e Resilencia.

Tamén se engloba neste plan o novo programa dotado con 3,5 millóns de euros que se convocará no último trimestre do ano para promover a mobilidade sostible no ámbito do enoturismo, con apoios á compra de bicicletas, patinetes eléctricos ou instalación de puntos de recarga, entre outras actuacións.

ÚLTIMAS

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...