Como vén sendo habitual nestes últimos anos, chegan As Oportunidades de Verán do Centro Comercial Urbano de Monforte. Durante dous días, 9 e 10 de agosto, poderanse atopar na Praza de Abastos de Monforte de Lemos descontos espectaculares en moda, calzado, lencería, complementos, decoración, bebé, mercería e moito máis, con rebaixas que superarán nalgúns casos o 70%.
Trátase dunha iniciativa do CCU de Monforte que convida a “facer compras ao mellor prezo apostando polo comercio local”.
HORARIOS
Sábado 9 agosto: pola mañá de 10.30 a 14.00 horas e pola tarde de 18.00 a 21.00 h.
Domingo 10 agosto: pola mañá de 11.00 a 14.00 horas, e pola tarde de 18.00h a 20.00 horas (a esta hora será o sorteo presencial dos 500€).

PREMIO ÚNICO DE 500 €
Durante As Oportunidades de Verán do CCU, todas as persoas que realicen compras terán a ocasión de levar un premio de 500 € para seguir mercando no comercio local. Para participar cómpre realizar unha compra entre o 9 e o 10 de agosto de 2025 nalgún dos postos participantes na Feira de Oportunidades de Verán do CCU.
Con cada compra, independentemente do seu importe, recibirase unha papeleta que cómpre cubrir cos datos persoais (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) e posteriormente depositar na urna ubicada na propia Praza de Abastos e habilitada para este fin. Dende a xerencia do CCU de Monforte animan á participación: “cantas máis compras fagas, máis papeletas recibirás e máis preto estarás de gañar o premio!”. O premio consistirá en
500€ para gastar en cada un dos establecementos participantes na feira de oportunidades.
CANDO SERÁ O SORTEO?
O sorteo terá lugar na Praza de Abastos de Monforte de Lemos o domingo 10 de agosto de 2025 ás 20:00 horas. Para optar ao premio é imprescindible estar presente fisicamente no lugar do sorteo no momento da selección da papeleta gañadora. En caso contrario, perderase o dereito ao premio e. Así mesmo, pasados 3 minutos sen persoarse o/a gaador/a, procederase a extraer outra papeleta de forma aleatoria.
A persoa premiada terá un prazo de 15 días para trocar o seu premio (10 vales de 50€) en cada un dos establecementos asociados ao CCU participantes no sorteo.
Na organización deste evento participa economicamente a Xunta de Galicia e colabora tamén o Concello de Monforte. As BASES do sorteo están publicadas na páxina web do CCU de Monforte.