Homesociedade'Caravana Morada': un Punto de seguridade nas Festas Patronais de Monforte

‘Caravana Morada’: un Punto de seguridade nas Festas Patronais de Monforte

Estará ubicada na Rúa Cardeal, zona do Parque dos Condes, preto dos dispositivos de seguridade, ata o 16 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Monforte, a través do CIM, lembra que o Punto de seguridade das Festas Patronais ‘CARAVANA MORADA‘ estará a disposición da veciñanza e visitantes ata o 16 de agosto prestando asesoramento e concienciando contra as violencias ao mesmo tempo que ofrecerá unha atención directa en coordinación coas forzas de seguridade a quen a precise.

O punto en cuestión está ubicado dende este luns 11 e ata o 16 de agosto na Rúa Cardeal, zona do Parque dos Condes e preto dos dispositivos de seguridade, e dará atención cos seguintes horarios:

MARTES 12 DE AGOSTO de 22.00 a 5.00 h.

MÉRCORES 13 DE AGOSTO de 21.00 a 4.00 h.

XOVES 14 DE AGOSTO de 21.00 a 4.00 h.

VENRES 15 DE AGOSTO de 21.30 a 4.30 h.

SABADO 16 DE AGOSTO de 21.30 a 4.30 h.

A atención técnica será prestado durante as 7 horas de cada xornada, por unha psicóloga e por unha asesora xurídica na instalación punto seguridade Caravana Morada, co obxectivo de sensibilizar e prestar atención directa nos horarios sinalados. Este labor dos profesionais da caravana realizarase en coordinación cos dispositivos de seguridade das Festas.

CARAVANA MORADA

A caravana morada informa, asesora e visibiliza o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero a través de profesionais do dereito e psicoloxía con formación especializada nesta materia cun dobre compoñente: por unha banda, concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles ao público en xeral e por outro, prestar un servizo de atención directa dentro das festas en coordinación coas forzas de seguridade atendendo ás persoas que así o demanden.

Esta medida de seguridade específica para as festas vai acompañada por unha campaña de publicidade que inclúe carteleiras difundindo a localización, horarios e funcións do punto de asistencia que se repartiron xa polos establecementos hostaleiros e locais comerciais xunto cos carteis das festas, así como material diversos de sensibilización (Chapas, pulseiras fluorescentes e de lazo, tarxetas, etc.) que se repartirán dende a propia CARAVANA MORADA.

Estas actuacións están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad. Resolución de 18 de xullo de 2025, da Secretaría de Estado de Igualdad y para la Erradicación de la Violencia contra las Mujeres, de transferencias para el desarrollo de nuevas o ampliadas competencias reservadas a las entidades locales en el Pacto de Estado contra la Violencia de Género para el ejercicio 2025.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA AS VIOLENCIAS SEXUAIS E LGBTIFÓBICAS NOS EVENTOS E ESPAZOS FESTIVOS.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA AS VIOLENCIAS SEXUAIS E LGBTIFÓBICAS NOS ESPAZOS DE LECER NOCTURNO

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...