HomesociedadeComeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

A institución provincial inviste preto de 50.000€ nunha actuación que virá a aumentar a eficiencia da drenaxe da vía no primeiro tramo de dous quilómetros, entre Sober e Canaval.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030 e consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización mediante o pintado da vía con marcas reflexivas brancas. O prazo de execución das obras, que acomete a empresa Construcciones Valdeorras SA, é de dous meses.

Esta actuación complementa a outras dúas previstas en Sober que se inclúen no Plan de Mellora das Estradas da Deputación de Lugo: as da LU-P-5905 de Canaval a Penacarreira; e ás da LU-P-5903, que conecta Sober e Doade cun investimento conxunto de case 250.000€.

Na comarca da Ribeira Sacra a institución provincial contempla unha vintena de obras –nos concellos de Bóveda, Carballedo, Chantada, Pantón, Taboada, Sober, O Saviñao, Monforte de Lemos, Carballedo, Chantada e A Pobra do Brollón- a través deste plan de estradas 2025 por un importe conxunto que supera os 2,2M€.

ÚLTIMAS

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...