HomesociedadeO Qui-Roma suspende a edición deste ano polos "terribles incendios" de Quiroga

O Qui-Roma suspende a edición deste ano polos “terribles incendios” de Quiroga

"Este ano, o Concello de Quiroga, ía a ser o principal organizador, e dada a situación que estamos a vivir no noso municipio polo terrible incendio que calcinou miles e miles de hectáreas, o Alcalde e o seu equipo de goberno, acordaron que esta era decisión máis apropiada", explica a organización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A festa do Qui-Roma é unha festa diferente e a súa base é a implicación e participación da veciñanza “e para iso temos que atoparnos de bo ánimo para desfrutar”, aseguran, “para organizar unha actividade destas características o estado de ánimo é fundamental”.

“Unha das persoas máis importantes do Qui-Roma e que tanto nos axudou, e se implicou, está pasando momentos delicados debido aos incendios que ameazaron con forza a gandaría de Mario Nogueira de Chao da casa, un dos núcleos máis danados polas lapas”, explican.

Desde o Concello de Quiroga e os colaboradores da asociación QUI-ROMA, informan de que a décimo edición será o sábado, 22 de agosto, de 2026. “Mentres tanto, tócanos levantarnos destes días tristes, e desexar que Quiroga volva a ser o paraíso que sempre foi”, rematan.

ÚLTIMAS

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...