HomesociedadeSituación 2 de emerxencia na Pobra do Brollón e Quiroga por un...

Situación 2 de emerxencia na Pobra do Brollón e Quiroga por un incendio en Abrence

Un incendio no municipios da Pobra do Brollón, orixinado na parroquia de Abrence, obrigou a declarar a situación 2 de emerxencia. Así o confirmou a Consellería de Medio Rural, que sinalou que a decisión se toma como medida preventiva ante a proximidade das chamas aos núcleos de Golmar, Conceado, San Pedro, e Freixeiro xa tamén no municipio de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Polo momento, as estimacións sinalan que afecta a unha superficie de máis de 100 hectáreas. Ademais, Adif informou de que, dado que o lume atópase próximo á vía, interrompeuse a circulación entre San Clodio Quiroga e A Pobra do Brollón, da liña Monforte de Lemos-Ponferrada. Tamén a N-120 permanecía cortada esta tarde á altura da Labrada.

A media tarde o Concello de Quiroga informaba nas redes sociais de que os núcleos que están en perigo e que se desaloxaron son San Pedro e Freixeiro.

Neste momento son tres os incendios activos en Galicia de máis de 20 hectáreas afectadas, que son este da Pobra do Brollón, xunto cos de Avión-Nieva e o de Carballeda de Valdeorras-Casaio

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...