Homesociedade600 hectáreas ardidas no incendio da Pobra do Brollón e segue avanzando

600 hectáreas ardidas no incendio da Pobra do Brollón e segue avanzando

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08.30 horas deste martes. O incendio que comezaba este martes ás 13:06h en Abrence, concello da Pobra do Brollón, arrasou durante a noite 600 hectáreas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste momento son tres os incendios activos en Galicia de máis de 20 hectáreas afectadas, tendo en conta o da Pobra do Brollón, o de Avión-Nieva e o de Carballedade Valdeorras-Casaio.

Na Pobra do Brollón segue activada a situación 2 polo incendio forestal iniciado na parroquia de Abrence, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 600 hectáreas, 500 ao longo desta pasada noite con tornados de lume e comportamentos convectivos que se veñen manifestando nestes incendios polo cambio climático. Neste lume decretouse a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade aos núcleos de Golmar, neste municipio e nos de Conceado e San Pedro, xa no municipio veciño de Quiroga. A N-120 permanece cortada á altura da Pobra do Brollón.

Para asúa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 5 técnicos, 19 axentes, 23 brigadas, 28 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 10 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...