Homesociedade250.000€ para o acondicionamento de accesos e a mellora de servizos en...

250.000€ para o acondicionamento de accesos e a mellora de servizos en Taboada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial destinará ao Concello taboadés unha achega económica de 250.000€ para cooperar coa mellora da mobilidade e potenciar os servizos municipais

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

Mellorarase a contorna do miradoiro Banco do Cuco situado en Friamonde, na parroquia de San Xián de Insua e sobre o Canón do Río Miño. Unha actuación coa que se substituirán as mesas existentes por unhas novas con bancos incorporados e unha tumbona de madeira. Ademais, tamén se colocarán cinco postes informativos.

Con este investimento, o Concello de Taboada tamén acondicionará, na parroquia de Cicillón, o camiño que vai da Lagoa a Nogueira e o camiño de Baiuca, na parroquia do Couto, que actualmente presentan certos danos debido ás inclemencias meteorolóxicas. Ambos proxectos inclúen a limpeza de cunetas para facilitar a circulación de augas e a pavimentación destes camiños o que aumentará, de xeito significativo, a seguridade viaria dos veciños e veciñas que os empregan a diario.  

Neste acordo de colaboración tamén se inclúe a pavimentación do camiño de acceso que vai desde o cruce de Buin a Brandián, na parroquia de Campo, e o acondicionamento de accesos en A Vila (Esperante); Quinzán (Mato); Tabernas (Cerdeda); A Sabugueira (Meixonfrío); Tuiriz (Insua San Salvador) e Friamonde (San Xián de Insua).

Así mesmo, vaise repavimentar con aglomerado en quente o acceso norte da Avenida de Lugo, no núcleo urbano de Taboada, e, unha vez rematada esta actuación, procederase ao repintado dos bordes, os cebreados e á instalación da correspondente sinalización vertical.

Por último, neste acordo tamén se inclúe a dotación dun tractor novo para o parque móbil do Concello de Taboada e o custo dunha actuación musical enmarcada dentro do Festival da Mocidade que se celebrou o pasado 8 de agosto.   

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...