HomesociedadeO CCU de Monforte convida a unha divertida 'Volta ao Cole'

O CCU de Monforte convida a unha divertida ‘Volta ao Cole’

Trátase dun evento que busca dinamizar o comercio local ofrecendo unha xornada de lecer para a cativada antes de comezar o novo curso. Ademais, nunha das actividades haberá 500 € en xogo para gañar vales de compra.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O venres 5 de setembro o CCU de Monforte celebra a ‘Volta ao Cole’ no centro histórico de Monforte, converténdose a Praza de España nun divertido campo de xogos onde poder gozar dun futbolín humano, unha diana xigante e outras sorpresas.

As actividades da xornada festeira desenvolveranse en horario de mañá e tarde. Pola mañá de 12.00h a 14.00h, e pola tarde de 18.00h a 20.00h.

A participación é de balde mais para poder acceder a algunha destas actividades será necesario presentar tickets de compra nalgún dos establecementos asociados ao CCU e por un importe mínimo de 10€ (só serán válidos tickets con data do 20 de agosto ou posterior).

Esta actividade está apoiada economicamente pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

PUNTERÍA NA DIANA XIGANTE E VALES DE COMPRA EN XOGO

Na diana xigante terá lugar o III Concurso de Puntería no que o bo toque de balón dos participantes pode facerlles gañar ata 500€ en vales agasallo para gastar no comercio local asociado.

COMO PARTICIPAR NO CONCURSO?

1. Cómpre estar presente antes das 18.30h na Praza de España, xunto á Diana Xigante, e avisar aos monitores do interese en participar no concurso (todo aquel que avise máis tarde das 18.30h quedará excluído do concurso e non poderá participar).

2. Para poder participar no concurso hai que presentar tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€ (só serán válidos tickets con data do 20 de agosto ou posterior).

3. Só poden participar persoas maiores de idade ou menores acompañados por algún dos seus pais ou representante legais.

MECÁNICA DO CONCURSO

Aínda que a mecánica exacta do concurso explicarase in situ o mesmo día do evento, xa que esta dependerá en boa medida do número de participantes (por cuestións de tempo), basicamente consistirá en demostrar a puntería de cadaquén na Diana Xigante que estará instalada na Praza de España. Cada participante terá a opción de xutar o balón un número de veces a determinar e obterá unha determinada puntuación en función de todos os seus lanzamentos. Esa puntuación fará que se clasifique ou non para a final da que sairán os gañadores dos 3 premios en xogo.

PREMIOS

1. Primeiro clasificado: 300€ (6 vales agasallo de 50€).

2. Segundo clasificado: 150 € (3 vales agasallo de 50€).

3. Terceiro clasificado: 50 € (1 vale agasallo de 50€).

Os detalles completos das bases están publicados na páxina web do CCU de Monforte.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...