Homesociedade"Non todo é fume", reivindica a rapazada de Ribas de Sil

“Non todo é fume”, reivindica a rapazada de Ribas de Sil

San Clodio foi testemuña este xoves pola mañá do contrapunto ambiental que protagonizaron os nenos e as nenas que se están despedindo do campamento de verán do Concello de Ribas de Sil. Recollida de cabichas despois de días afectados polos lumes que chegaron á Ribeira Sacra e ao Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois da ponte de Santiago, en xullo, Sara Girlesa, traballadora do servizo de limpeza do Concello de Ribas de Sil, recolleu todas as cabichas que atopou polas rúas de San Clodio. En tan só tres días recolléronse algo máis de 900 restos de cigarros de todo tipo, esparexidos polo chan. Son máis que os habitantes da vila.

Desde o concello explican o perxudicial que resulta algo tan pequeno, pero que é un dos refugallos máis contaminantes, “O seu filtro contén acetato de celulosa, un plástico que tarda máis de dez anos en degradarse. Ademais, acumula metais pesados e restos tóxicos da combustión do tabaco, que ao chegar á auga ou ao chan liberan substancias nocivas. Isto afecta á fauna mariña e terrestre, que pode inxerilas accidentalmente. Por iso, unha soa cabicha mal xestionada contribúe á contaminación ambiental de forma desproporcionada. Só é preciso que chova e que a cabicha chegue a unha alcantarilla, para que acabe no río e de aí na cadea alimentaria, podendo chegar os microplásticos ou os metais pesados ao sangue das persoas”.

Esta mañá os nenos e nenas do campamento xuntaron os restos para mostralos á sociedade, pedindo ás persoas fumadoras que deixen de fumar e, de non facelo, que polo menos se aseguren de que o resto chegue ao lixo. “Simbolicamente, acompañados de Sara, depositáronos nos seus sitios como parte dos residuos sólidos urbanos, impedindo a súa diseminación polo medio natural. Tamén aplaudiron o labor das traballadoras e traballadores do servizo de limpeza”.

Esta actividade é un encargo do alumnado do CEIP de San Clodio que o Día Mundial do Ambiente, coa axuda dos seus docentes, pediu ao Concello e á cidadanía evitar este tipo de contaminación, que pode pasar desapercibida pero que resulta dun impacto elevado. Os campamentos de verán reuniron este ano a máis de 40 nenos e nenas, de San Clodio e doutros lugares que pasan aquí o verán. Con esta actividade, case para rematar o verán, pretendeuse que os máis novos puidesen transformar en feitos positivos o malestar, “incluso a raiba, das últimas negras xornadas de lume. Non todo é fume”.

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...