Homesociedade"Tecendo memorias" en Quiroga, obradoidos a desenvolver de setembro a novembro

“Tecendo memorias” en Quiroga, obradoidos a desenvolver de setembro a novembro

O 1 de setembro, ás 18:00h, no centro social de Quiroga, terá lugar a presentación desta actividade e aquelas persoas que queiran anotarse poden realizar as inscricións este mesmo día para empezar coas clases o luns 8 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os obradoiros “Tecendo memorias” buscan recuperar a memoria comunitaria e cultural do pobo fomentando a socialización a través da recuperación da cultura, da historia do lugar e das historias de vida das persoas que residen nas parroquias do concello de Quiroga. A actividade, que se desenvolverá de setembro a novembro, é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Quiroga e a Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Os obradoiros teñen como obxectivo principal a recuperación da cultura do pobo e das historias de vida que reforzan a identidade, así como reactivar e estimular a memoria colectiva, comunitaria e popular, para contribuír á socialización e á activación veciñal.

Un espazo de encontro entre persoas do rural que ademais axuden a preservar a cultura popular local e do territorio, fomentando o intercambio de coñecementos, de costumes, vivencias, experiencias e saberes. Estes talleres serven para mellorar as habilidades cognitivas dos participantes a partir da lembranza dos seus costumes, das súas vivencias persoais, dos seus xogos, da súa toponimia e da súa sabedoría popular (ditos, refráns, cancións, música, etc).Os obradoiros realizaranse no Centro Social de Quiroga, Ermida e Campos de Vila desde setembro a novembro.

No Centro Social de Quiroga o horario será todos os luns desde ás seis da tarde e ata ás oito do serán. No Centro Social da Ermida o obradoiro terá lugar  os mércores de seis a oito da tarde ,a presentación e anotación de interesados/as farase o 3 de setembro ás 18:00 h no mesmo centro.

Finalmente no Centro Social de Campos de Vila, a actividade terá lugar os xoves no mesmo horario de 18:00 a 20:00 h. O 4 de setembro, ás seis da tarde terá lugar a presentación desta actividade e aquelas persoas que queiran anotarse poden realizar as inscricións este mesmo día para empezar coas clases o luns 11 de setembro

ÚLTIMAS

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...