Homesociedade'TremeTerra', un encontro da cultura soundsystem no Incio

‘TremeTerra’, un encontro da cultura soundsystem no Incio

Terá lugar na área recreativa do encoro de Vilasouto este venres 29 e sábado 30 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todo listo para a celebración do festival “TremeTerra“, un evento que xuntará artistas e grupos europeos do panorama reggae e da cultura soundsystem. Concretamente estarán presentes nesta edición: 10.000 Lions, Black Beanie Dub, Ashanti Selah, Violinbwoy, Peter Youth Man, Roll & Record, Ishan Sound, Rider Shafique, Lion´s Den Soundsystem, Morganah Souljah, Dubbing Sun, Nina Girasóis, High Nebra, Piya Zawa e Tom Spirals.

Ademais dos concertos haberá tamén obradoiros e debates abertos sobre diversidade e experimentación sonora completando esta proposta diferencial para a mocidade nunha contorna natural de gran beleza como é o encoro de Vilasouto. O festival conta tamén cunha zona de acampada que é o epicentro de convivencia durante as dúas xornadas.

Iria Castro, presente o pasado martes 26 de agosto para coñecer os últimos preparativos do festival, destacou “a singularidade do festival que amplía e diversifica a axenda cultural e de música en directo desde o interior da provincia” e valorou a “aposta da organización por fórmulas de autofinanciamento como principal recurso e pola gratuidade da entrada”.

O TremeTerra conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...