Homesociedade118.000€ para a mellora de tres vías provincias que unen O Saviñao...

118.000€ para a mellora de tres vías provincias que unen O Saviñao e Pantón

As obras de mellora que vén de aprobar a Deputación Provincial executaranse na LU-P-4102, que vai de Ferreira a Currelos. Tamén se rehabilitarán por tramos, a LU-P-3202, de Monforte a Currelos; e LU-P-3208, que vai de Seoane a Pol por Cinsa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres investimentos que ascenden a 905.843,87€ para “continuar mellorando a mobilidade da provincia”. Estes fondos inclúen a rehabilitación do firme de 7 estradas provinciais do concellos de Palas de Rei, O Saviñao, Pantón, Barreiros, O Corgo e Navia de Suarna e a contratación dos servizos de mecanizado do Parque Móbil da institución provincial.

Con 118.000€ a empresa Fevisa Vías y Obras SL encargarase do proxecto que inclúe a rehabilitación do firme en diferentes tramos de tres vías provincias que unen O Saviñao con Pantón.

Concretamente, mellorarase preto dun quilómetro -do punto 12,000 ao 12,980- na LU-P-4102, que vai de Ferreira a Currelos desde a Nacional 120 á autonómica LU-611, á altura de Escairón; e nesa mesma estrada -do punto 6,165 ao 11,020- realizarase a reposición da sinalización desde o límite intermunicipal e á altura da Páxara, no cruce co corredor. Este proxecto comprende tamén a rehabilitación por tramos da LU-P-3202, de Monforte a Currelos; e da LU-P-3208, que vai de Seoane a Pol por Cinsa. As obras destas dúas vías, de especial importancia para a comunicación da comarca da Ribeira Sacra, consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación e no repintado. O prazo de execución destes traballos unha vez se inicien é de case 3 meses.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...