HomesociedadeClausúrase o obradoiro Camiño de Santiago V de Sarria, que traballou na...

Clausúrase o obradoiro Camiño de Santiago V de Sarria, que traballou na posta en valor do campo da feira

As persoas alumnas traballadoras recibiron formación teórica e práctica en dúas especialidades relacionadas coa albanelaría e a carpintería. Durante a duración da actividade, contaron cun contrato laboral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta entregou este luns os diplomas ás persoas participantes no obradoiro dual de emprego Camiño de Santiago V de Sarria, financiado pola Administración autonómica con 412.000 euros e promovido polo Concello.

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, destacou no acto de clausura o traballo realizado polos participantes, en especial os avances na posta en valor do campo da feira, onde rehabilitaron dous pendellos e fixeron as canalizacións para cambiar a instalación da rede de electricidade, alumeado público e telefonía. Deste xeito continúan os labores de acondicionamento deste espazo realizados en anteriores edicións do obradoiro.

Outras actuacións foron a colocación de portas, xanelas e revestimentos de madeira na oficina de turismo; e a mellora estética en varias zonas do Camiño mediante a ocultación de contedores.

“O resultado destes traballos pon de manifesto o nivel da formación que se imparte nos talleres de emprego financiados pola Xunta”, dixo López, quen animou aos participantes a aproveitar os coñecementos adquiridos para abrirse paso no mundo laboral “e mesmo para explorar as posibilidades de emprender un negocio e sectores con moita demanda de profesionais”

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...