Homesociedade'Música sen fronteiras' este mércores na Pobra do Brollón

‘Música sen fronteiras’ este mércores na Pobra do Brollón

O grupo "Os Nickis", formación que une Australia e Galicia, ofrecerá un concerto na área recreativa de Samugueiros ás 20:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón ofrece unha nova proposta de lecer para a noite do mércores 3 de setembro. Trátase dun concerto a cargo do grupo “Os Nickis”, unha formación que conta con catro integrantes de Sarria e Australia: Nick Watson, María García, Verónica Quintela e Martín Vázquez.

A través da voz, guitarra, bombardino e percusión, Os Nickis dan vida a “ritmos do Caribe, as harmonías do Novo Mundo e a nosa tradición”.

A actividade será ás 20:30 na área recreativa Samugueiros, con entrada libre.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...