HomesociedadeRematan os obradoiros de emprego que se desenvolveron en Pantón, O Saviñao,...

Rematan os obradoiros de emprego que se desenvolveron en Pantón, O Saviñao, Sober e Monforte

A Xunta vén de clausurar dous obradoiros duais de emprego na Zona Sur da provincia, nos que investiu 824.000 euros. O Ricra VIII, promovido polo Concello de Pantón xunto cos do Saviñao e Sober; e o de Monforte de Lemos. Cada un recibiu 412.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou na entrega de diplomas ás persoas alumnas traballadoras. Cada taller sumou 20 prazas de formación teórica e práctica para persoas desempregadas en sectores con alta demanda de profesionais.

Ambos ofreceron a modalidade dual, que inclúe o compromiso de contratación de varios participantes en empresas da contorna por un mínimo de tres meses a xornada completa, para desempeñar funcións vinculadas ás ensinanzas do obradoiro. Estes contratos realízanse ao finalizar o taller.

O programa Ricra VIII impartiu tres especilidades relacionadas coa conservación de montes, os traballos silvícolas e a carpintería. O alumnado realizou o mantemento de zonas verdes, rutas de senderismo e múltiples espazos de interese de Pantón, O Saviñao e Sober. Tamén instalou en varios puntos elementos de madeira, como marquesiñas, cubre-contedores e diverso mobiliario urbano.

No que respecta a Monforte de Lemos, os contidos centráronse nas modalidades de carpintaría e albanelaría. Na parte práctica, as obras propostas foron a rehabilitación das antigas naves da escola taller A Pinguela; así como a restauración de mobiliario urbano en varias zonas.

Clausura obradoiro de emprego Monforte / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...