HomeEconomíaMonforte aproba a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro...

Monforte aproba a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro para actuacións en servizos sociais

A Xunta de Goberno aprobou conceder axudas de 2.000 euros cada unha ás catro entidades que presentaron solicitude: Agora, Afamon, Auxilia e Albores

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Equipo de Goberno aprobou esta semana en Xunta de Goberno, a resolución da convocatoria anual de subvencións a entidades sociais e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais no Concello de Monforte, durante o exercicio 2025.

As entidades beneficiarias son as catro que presentaron solicitude, e que percibirán unha cuantía de 2.000 euros cada unha. Trátase da Asociación Agora para persoas con discapacidade, que destinará a subvención ao proxecto CreARTE; a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, Afamon, para o programa de estimulación cognitiva a través das novas tecnoloxías; Auxilia, destinada á promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade e enfermos crónicos, e c, que solicitou esta subvención para o seu espazo de ocio e tempo de lecer.

“Con estas axudas” sinala o Alcalde, José Tomé Roca, “dende o Goberno municipal queremos facilitar a estas entidades recursos para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas, así coma axudar a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables”.

Esta liña de axudas posta en marcha polo Concello de Monforte busca así fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...