HomesociedadeO 13 de setembro comeza o Viñobús Vendima

O 13 de setembro comeza o Viñobús Vendima

Durante tres fins de semana de setembro (a partir do 13), os visitantes terán a oportunidade de vivir en primeira persoa a vendima tradicional de Ribeira Sacra, tamén coñecida como viticultura heroica, nos espectaculares socalcos desta paisaxe cultural, hoxe candidata a Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, organizan unha nova edición do xa clásico Viñobús Vendima, unha das experiencias máis singulares e demandadas do calendario enoturístico galego, que vén de abrir o prazo de reservas. 

A experiencia comeza coa visita ao viñedo, onde os participantes aprenderán sobre os diferentes tipos de uva, cortarán os acios, transportaranos e mesmo poderán pisar as uvas como se facía antano. Posteriormente, na adega, poderán desfrutar dunha cata de viños e mosto, así como como dun xantar tradicional, seguindo o menú propio dos viticultores durante unha xornada de vendima. “A actividade continúa a manter a esencia doutras edicións, orientada a grupos moi reducidos para garantir unha experiencia auténtica e de calidade”, explican. 

DATAS 2025: 13, 14, 20, 21, 27, 28 de setembro.  

Horario: saída ás 10:30 h dende Monforte de Lemos e regreso arredor das 16:30h.

Prezo: Adultos 15 €; nenos/as (4-12 anos) 10 €; menores de 4 anos gratis.
O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontró, xantar en adega e guía acompañante.

Prazas limitadas: grupos reducidos, de máximo 15 persoas, para garantir unha experiencia auténtica.

Máis información e reservas: https://turismo.ribeirasacra.org/vinobusvendimia2025

Viñobús Vendima / Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...