HomesociedadeÚltimas charlas do ciclo "O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra"

Últimas charlas do ciclo “O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra”

Serán o venres 5 no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, e o sábado 6 na Casa da Cultura do Concello de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo, poñerán o peche estes días ás xornadas de charlas e conferencias iniciadas o pasado 29 de agosto. Estas xornadas teñen como obxectivo informar e dar voz ao sector analizando a situación da vendima deste 2025 na Ribeira Sacra e reflexionando sobre o futuro do mesmo.

DERRADEIROS ENCONTROS

Este venres 5 de setembro, ás 12:00 h, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos, acollerá unha conferencia na que se falará de como lle afecta ao sector vitivinícola a Lei da Cadea Alimentaria. “Na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Lei da Cadea Alimentaria segue sendo unha descoñecida e temos detectado incumprimentos de todo tipo que, ademais, non se denuncian: impagos, incumprimento de prazos, incumprimentos dos requisitos que figuran no contrato, etc” comentan dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Para falar deste tema, contarase con Oliva Lorenzo Grandía, traballadora en Lugo no Control de Prácticas Comerciais Desleais da Consellería de Medio Rural que coñece de primeira man a D.O Ribeira Sacra e a súa situación.

E para rematar este ciclo, o sábado 6 de setembro a sesión divulgativa, concretamente unha charla sobre a vendima do 2025 na Ribeira Sacra, terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Taboada ás 12:00 horas.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...