A peregrinación conta coa colaboración da Xunta, que apoia ás persoas diagnosticadas con esta doenza con medidas pioneiras, como a concesión dunha prestación económica anual de 12.000 euros para afrontar os custos derivados da enfermidade. As axudas deste ano xa foron convocadas e están en prazo de solicitude ata o 3 de novembro.
Así mesmo, a Administración galega ten un convenio de colaboración coa Asociación Galega de ELA (Agaela) polo que contribúe a financiar a contratación de personal especializado para atender a pacientes a domicilio en toda Galicia.