HomesociedadeEntréganse en Quiroga as chaves de dúas vivendas de promoción pública

Entréganse en Quiroga as chaves de dúas vivendas de promoción pública

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este martes na entrega das chaves ás persoas adxudicatarias. Lembrou que tan pronto como unha vivenda queda vacante, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) inicia de inmediato o procedemento para volver ofertala seguindo o listado de adxudicatarios de cada concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro localízanse na rúa Tallos de Quiroga. Ambas rondan os 82 metros cadrados de superficie e teñen tres dormitorios, praza de garaxe e rocho.

Para formar parte dos listados de adxudicatarios do ICVS é preciso inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia. O prazo para presentar solicitudes está sempre aberto, tanto en liña como de forma presencial nas oficinas do IGVS.

Arias lembrou tamén que a Xunta aprobou unha liña de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios. A contía para vivenda habitual pode acadar case 150.000 euros; e para segunda residencia ata 71.400 euros – incluída a achega por mobles ou enxoval doméstico -.

O delegado remarcou que a Xunta axilizará a tramitación para que estas persoas poidan recuperar canto antes as súas casas. Recordou ademais que Quiroga alberga unha das 16 oficinas habilitadas na Comunidade para asesorar nos trámites e axudar a presentar as solicitudes.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...