HomesociedadeRibeira Sacra bate récords de ocupación en agosto

Ribeira Sacra bate récords de ocupación en agosto

Ribeira Sacra bate marcas de ocupación novamente; remata agosto cun 80% das prazas ocupadas. Cos datos recollidos ata agora ocupáronse 8.305 prazas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cos datos recollidos ata o de agora, a ocupación media en agosto sitúase en 8.305 prazas diarias. A ocupación final resulta lixeiramente inferior ás previsións que se tiñan a finais de xullo (8.432 prazas diarias). Aínda así, “bátese un novo récord de ocupación para o mes de agosto na Ribeira Sacra” apuntan desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

A ponte de agosto (14 ao 16 agosto) conseguiu elevar a ocupación ata un total de 9.186 prazas diarias ocupadas (89% de ocupación); tamén, lixeiramente inferior ás previsións (9.262 prazas).

Por categorías de aloxamento a ocupación foi a seguinte:

  • Hoteis 4 e 3*: 78,9%
  • Turismo Rural: 74,8 %
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 85,8 %
  • Outros alox. (albergues, pensións, campings, aptos, hoteis 2 e 1*): 80,8 %

Todo indica que a vaga de incendios en Galicia e nas comunidades veciñas, sumada ás interrupcións do servizo de AVE a Ourense, influíu no descenso das previsións. Segundo manifestan os responsables, estas circunstancias provocaron cancelacións en numerosos establecementos durante a segunda metade do mes. Con todo, os datos amosan que en boa parte dos casos se conseguiu recuperar a ocupación con reservas de última hora ata situarse preto dos niveis previstos.

SETEMBRO 2025

Malia a situación de incerteza vivida, o sector inicia setembro con certo optimismo. Na actualidade, están reservadas case a metade das prazas ofertadas (4.930 prazas diarias), uns datos moi semellantes aos de 2024 e moi superiores aos dos períodos anteriores.

Como é habitual unha vez remata agosto, a diferenza de ocupación entre semana e as fins de semana comeza a facerse máis evidente, salvo nos hoteis de maior categoría (4 e 3 estrelas), que contan nestes intres cun nivel de reservas do 66% en días laborais e do 78% nas fins de semana, as ocupacións medias máis altas rexistradas no conxunto de aloxamentos

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...