HomesociedadeOferta de actividades deportivas, musicais e de danza do Concello de Monforte

Oferta de actividades deportivas, musicais e de danza do Concello de Monforte

O pasado luns, 8 de setembro, abriuse o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais e tamén para as Escolas Municipais de Musical e de Danza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte ofrece un total de 283 prazas para inscribirse en diferentes disciplinas que ofrecen para o curso 2025-2026 as Escolas Deportivas Municipais. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 19 de setembro.

As persoas interesadas poderán solicitar 1 actividade, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas, e o custe por modalidade e alumno/a é de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Para as inscricións deberá presentarse a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal. O mércores 24 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades, que se confeccionará por rigorosa orde de presentación das solicitudes

Actividades para nenos e nenas:

Golf: 18 prazas

Pádel: 30 prazas

Kung Fu: 15 prazas

Zumba infantil: 20 prazas

Actividades para adultos:

Ximnasia de mantemento: 80 prazas

Tai Chi: 40 prazas

Ioga: 60 prazas

Zumba: 20 prazas

MÚSICA E DANZA

O Concello de Monforte vén de abrir tamén o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza para o curso 2025-2026.

O curso dará comezo o luns, 16 de setembro de 2025, e rematará o venres 12 de xuño de 2026.

Para realizar a inscrición, interesadas e interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, ou ben a través da Sede electrónica do Concello.

ESPECIALIDADES

Escola Municipal de Música

Percusión Moderna: batería, bongós… / Percusión tradicional galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro / Teclado / Violín / Guitarra / Gaita, Clarinete, Frauta, Saxofón / Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba/Bombardino / Canto Coral / Canto tradicional galego: canto con pandeireta / Linguaxe musical /

Escola Municipal de Danza

Danza tradicional galega: a partir de 5 anos.

Danza contemporánea / moderna: a partir de 9 anos.

Ballet clásico: a partir de 5 anos.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...