HomesociedadeO comercio asociado de Chantada organiza a 'Festa d@ nen@'

O comercio asociado de Chantada organiza a ‘Festa d@ nen@’

Será este sábado 13 de setembro no Parque Eloisa Rivadulla das 17:00 ás 20:00 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra, entidade que acolle a comerciantes e empresarios do Concello de Chantada, organiza unha actividade de lecer centrada nos máis pequenos da casa este sábado. Comeza un novo curso e con esta festa queren ter un detalle con eles para que a volta ao colexio sexa máis levadeira.

Para participar, e co obxectivo tamén de dinamizar a economía local, as entradas conseguíanse gastando un mínimo de 20 euros nos establecementos asociados ata este mesmo sábado 13 de setembro.

A partir das 17:00 e ata as 20:00 h. o Parque Eloisa Rivadulla de Chantada acollerá a denominada “Festa d@ nen@” na que haberá inchables, lambetadas, música e unha Festa da Escuma.

Dende o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra lembran que “setembro é o mes dos bos propósitos (volver ao ximnasio, comer mellor…) e tamén da volta ao cole. E podes facelo todo mercando na túa vila: apoia ao pequeno comercio!”.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...