HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra supera o millón de quilos de uva vendimados

A D.O. Ribeira Sacra supera o millón de quilos de uva vendimados

Na DO Ribeira Sacra, a data do 14 de setembro, recolléronse 1.017.279 quilos de uva, cun total de 54 adegas activas, 3 finalizadas e 35 pendentes de iniciar o proceso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En canto a variedades, a D.O. leva contabilizados 519.204 quilos de uvas tintas, principalmente Mencía (459.639 kg), xunto con Merenzao, Garnacha e Brancellao. As uvas brancas acadan os 498.075 quilos, con predominio de Godello (450.839 kg), seguidas de Treixadura, Albariño, Branco Lexitimo e Dona Branca.

Consciente da importancia da vendima no desenvolvemento vitivinícola e económico da Ribeira Sacra, o Consello Regulador mantén o seu compromiso coa transparencia. Por iso, durante todo o período de vendima comunicará semanalmente a evolución da campaña a través das redes sociais e da páxina web oficial da Denominación de Orixe.

  • Variedades tintas: 519.204 kg
    • Mencía: 459.639 kg
    • Garnacha: 9.035 kg
    • Brancellao: 2.806 kg
    • Merenzao: 22.290 kg
    • Caiño: 651 kg
    • Grao Negro: 0 kg
    • Mouratón: 822 kg
    • Sousón: 23.841 kg
    • Tempranillo: 120 kg
  • Variedades brancas: 498.075 kg
    • Albariño: 10.756 kg
    • Godello: 450.839 kg
    • Treixadura: 26.160 kg
    • Branco Lexitimo: 6.656 kg
    • Dona Branca: 2.841 kg
    • Loureira: 0 kg
    • Torrontés: 823 kg

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...