HomesociedadeCiclo de talleres gratuítos de emprendemento en Monforte

Ciclo de talleres gratuítos de emprendemento en Monforte

As actividades desenvolveranse en horario de mañá na Escola Oficial de Idiomas de Monforte os días 16 e 30 de setembro e 2 e 9 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acción contra a Fame comeza o curso en Monforte cun novo ciclo de catro talleres prácticos e gratuítos dirixidos a persoas que teñan unha idea de negocio ou un proxecto en marcha e que queiran dar os primeiros pasos para facelo realidade.

As sesións desenvolveranse na Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e contarán con prazas limitadas. A inscrición xa está aberta a través da ligazón https://bit.ly/ideamonforte.

Programa de talleres

  • Martes 16 de setembro · A túa idea pode converterse nun negocio?
    Encaixe legal, forma xurídica e trámites de constitución.
  • Martes 30 de setembro · Conta a túa idea
    Como construír unha marca que fale por ti e conecte coa xente.
  • Xoves 2 de outubro · Que non te asusten os números
    Introdución ás nocións básicas de contabilidade.
  • Xoves 9 de outubro · Reforza a túa identidade de marca
    Aprende a empregar Canva para crear contido visual atractivo.

Este ciclo de talleres enmárcase no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, financiado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e a Fundación MAPFRE, co obxectivo de impulsar o talento emprendedor e apoiar a creación de proxectos viables no medio rural.

Para máis información e inscricións poden chamar ao 648 16 68 48 ou entrar na seguinte ligazón: https://bit.ly/ideamonforte

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...