O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte e está destinado na actualidade a diferentes servizos e locais da Administración municipal, dotado con almacéns, vestiarios e zonas de aseo moi empregadas polos traballadores. En concreto, alberga unha oficina e almacén de Protección Civil, locais do persoal de obras, medio ambiente e electricistas, ademais de diversos almacéns para todo tipo de material, aseos e un garaxe para vehículos municipais, distribuído nunha edificación con planta baixa e entreplanta.
O proceso para contratar a execución destas obras está xa aberto e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 13 de outubro de 2025. A primeira mesa de contratación reunirase o día 15 dese mesmo mes, ás 9.00 horas, e a segunda unha semana despois, o día 22, ás 9.30 horas.
A intervención proxectada contempla a ampliación da nave na parte posterior da edificación, o lixado e pintado da estrutura metálica existente, pintura epoxi no piso da nave e da zona ampliada, pintado de liñas de aparcamento e símbolos, execución dunha nova escaleira no local de electricidade, reposición da carpintería de alumnio sen RPT, colocación de porta de aceiro, realización de armario e recolocación da porta existente.
Recóllese tamén o esmaltado das portas en superficies metálicas e de madeira, colocación de barandilla de aluminio e aceiro inoxidable, así como de falso teito suspendido ou desmontable, solado de gres ou tarima, entablado de madeira de castiñeiro, pintado en paredes e teitos e outras reparacións, ademais de limpeza de todo o edificio e colocación de mobiliario. A reforma inclúe a instalación de paneles solares fotovoltaicos e un punto de recarga para vehículos eléctricos.