HomesociedadeRosa Montero, namorada da Ribeira Sacra

Rosa Montero, namorada da Ribeira Sacra

A xornalista madrileña está por estes lares e, tras uns días de visita, escribe no seu perfil de facebook marabillas sobre os viños da Míllara, a guía e as paisaxes que vai atopando.

Publicado o

- Advertisement -

Rosa Montero expresa nesta rede social a súa satisfacción coa experiencia de visitar Ribeira Sacra, e defínea así: “fabulosa zona de Galicia entre Lugo y Orense, en donde se da un vino buenísimo con la viticultura heroica, en vides de dificilísimo cultivo en estrechas terrazas en los montes…”.

Agradece especialmente as rutas tan xeitosas que lle preparan dende “Perriturismo”, un proxecto de xestión turística no que organizan plans e rutas para poder gozar da experiencia da Ribeira Sacra sen que as mascotas, cans, sexan un inconveniente.

Tamén confesa no seu post que tanto ela como Bruna Husky, a súa “alter ego”, son amantes do godello e recomenda viños da adega Finca Míllara, no Concello de Pantón.

rosa montero

Rosa Montero naceu o 3 de xaneiro de 1951 en Madrid. Desde pequena, por mor da tuberculose estivo desde os cinco anos ata os nove recluída na casa, dedicouse a ler e escribir. Estudou xornalismo e psicoloxía mentres colaboraba con grupos de teatro independente como Tábano e Canon. Publicou en varios medios de comunicación e desde 1976 traballa en exclusiva para o xornal El País.

En 1978 gana o Premio Mundo de entrevistas e en 1980 o premio Nacional de Xornalismo para reportaxes e artigos literarios. Foi redactora-xefe do suplemento dominical de El País ata 1981. Publicou novelas, contos e recompilacións de entrevistas e artigos. Escribiu os guións de “Media Naranja” que Televisión Española emitiu en 1986 e en 1997 gañou o I Premio Primavera de Novela por “La hija del Caníbal”. Recompilou os seus contos dos últimos quince anos e engadiu algúns máis en “Amantes y enemigos”.

O instituto La Laguna de Madrid outorgoulle en 1999 o Primeiro Premio Literario e Periodísitico Gabriel García Márquez polo seu traballo no País.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...