HomesociedadeA Policía ten aberta varias liñas de investigación para dar cos responsables...

A Policía ten aberta varias liñas de investigación para dar cos responsables do ataque ao centro de menores

Publicado o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado manteñen abertas varias liñas de investigación sobre o ataque ao centro de menores migrantes en Monforte.

A preguntas dos xornalistas, nun acto na Coruña, ratificou que se traballa con “dous ou tres liñas de investigación”. Tamén considerou que nas “próximas semanas” poderíase identificar xa “aos presuntos autores”.

“Está a traballarse en liñas de investigación moi concretas”, insistiu ante a pregunta sobre o labor que se está desarrolllando neste sentido. Tamén indicou que é “moi probable” que nas próximas semanas se identifique, deteña e se poña a disposición xudicial “a estes desalmados”.

O ataque produciuse durante a madrugada deste sábado, ao redor das 03.00 horas, con varios cóctel molotov contra o inmoble situado en Monforte de Lemos. Da investigación fíxose cargo a Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...