HomesociedadeO 'Xanela Fest' celebrarase en Guntín

O ‘Xanela Fest’ celebrarase en Guntín

Este concello será o beneficiado coa actuación de balde da Orquestra Cinema o vindeiro 17 de outubro grazas a unha iniciativa da empresa chantadina A Túa Xanela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de maio dábase a coñecer unha iniciativa da empresa chantadina A Túa Xanela coa que esta buscaba dinamizar o rural ofrecendo de balde a actuación da Orquestra Cinema a un concello de Galicia que contara con menos de 40.000 habitantes e que fora o seleccionado tras un concurso previo.

Os concellos que se inscribiron para participar foron pasando polas redes da empresa promotora e no mes de agosto foron as votacións resultando finalmente gañador o Concelllo de Guntín. Detrás del quedaron, por este orde: Concello de Monterroso, Concello de Padrón, Brión, Taboada e Chantada.

Segundo explican dende a empresa impulsora desta iniciativa, ademais da noite coa orquestra preténdese que a cita sexa un xeito de dar a coñecer o concello gañador e a contorna do mesmo, polo que o formato para o 17 de outubro (día da actuación da Orquestra Cinema) será dun minifestival, con postos de cousas típicas da zona, unha visita guiada pola tarde para coñecer o máis xeitoso do lugar, etc.

A presentación oficial da iniciativa ‘Xanela Fest’ fíxose en Chantada o pasado 20 de maio.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...