HomesociedadeEste 23 de setembro entra en servizo o novo túnel de Oural

Este 23 de setembro entra en servizo o novo túnel de Oural

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destaca que a posta en servizo do novo túnel de Oural “representa a demostración de que cando hai vontade política as obras chegan, os investimentos materialízanse e a provincia de Lugo gaña oportunidades”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo túnel de Oural, de 1,9 quilómetros de lonxitude, entrou este martes en servizo como parte fundamental do corredor que conecta coa rede de alta velocidade en Ourense, e que contará cunha vía única electrificada montada sobre placa de formigón para reforzar a fiabilidade e a seguridade da liña.
 
Esta actuación que forma parte dun investimento de 626 millóns de euros para renovar integralmente a liña Ourense-Monforte-Lugo. “Un orzamento no que se enmarca esta obra pero que vai moito máis alá, coa renovación de estacións como a de Monforte, Sarria e Lugo, reforzando pontes e viadutos, electrificando tramos e mellorando a sinalización”, engade.
 
O delegado estivo acompañado durante a inauguración pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, e polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, entre outras autoridades.
 
O túnel de Oural que estivo en servizo desde finais do século XIX reconverterase en galería de evacuación para garantir a seguridade en caso de emerxencia e contará con tres saídas cada 500 metros aproximadamente, aptas para vehículos de mantemento e servizos de emerxencia, mentres o novo túnel disporá de pasos biviais que permitirán o acceso de vehículos rodados á vía.
 
 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...