No caso do concello de Quiroga establécense 3 liñas de actuación, a primeira para a mellora de accesos aos núcleos de Espandariz, na parroquia de Nocedo; Caspedro, na parroquia de Quiroga; e de San Pedro, en Quintá de Lor; onde tamén se acondicionará o local social de Margaride.
Permitirá adquirir un camión para a recollida do lixo, o que mellorará a prestación deste servizo; porque cunha superficie de 317 quilómetros cadrados, 22 parroquias e 123 entidades de poboación, este municipio conta cun único vehículo.
Finalmente, e con cargo a estes fondos, o Concello de Quiroga financiará a segunda edición dun programa de actividades lúdicas que conta con máis dunha ducia de accións e unhas 340 prazas pensadas para dar a coñecer o municipio a través do seu rico patrimonio. Rutas de sendeirismo, barranquismo, parapente ou visitas guiadas son algunhas das propostas que ofrece esta iniciativa
No concello de Samos, a maioría das accións que se levarán a cabo con este investimento servirán para a mellora do firme de varias estradas locais en 6 parroquias rurais, en San Xoán Xosé de Santalla o firme do acceso ao núccleo de Gamiz, a conexión desde o núcleo de Furela con Estraxiz e varios tramos da vía que vai a Santalla de Arriba. Tamén, en Santiago de Zoó, rehabilitará o acceso a Zoó e a estrada que o une a Montán. Ademais, na parroquia de San Martiño de Lousada, actuarase na estrada que une Lousada co Franco; en Pascais na vía que vai a Gontán: e na parroquia de San Xoán de Loúzara a entidade local acondicionará grazas a institución provincial o firme do núcleo de Bustofrío, Praducelo, Vila do Castro e Parada de Lóuzara.
Subtituiranse tamén as varandas existentes na Ponte de Lóuzara, situada no lugar da Ponte, por outras de madeira; mellorar o bebedoiro público para os animais no lugar de Vila do Castro; e en Formigueiros rehabilitará o depósito da auga, o que permitirá evitar perdas e garantir un subministro eficiente ós máis de 30 veciños e veciñas desta parroquia.