HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra supera os 3M de quilos de uva vendimados

A D.O. Ribeira Sacra supera os 3M de quilos de uva vendimados

Na DO Ribeira Sacra, a data do 21 de setembro, recolléronse 3.060.168 quilos de uva, cun total de 61 adegas activas, 21 finalizadas e 11 pendentes de iniciar o proceso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En canto a variedades, contabilízanse 2.166.077 quilos de uvas tintas, principalmente Mencía (2.005969 kg), xunto con Merenzao, Garnacha e Brancellao. As uvas brancas acadan os 894.091 quilos, con predominio de Godello (776.018 kg), seguidas de Treixadura, Albariño, Branco Lexitimo e Dona Branca.

Consciente da importancia da vendima no desenvolvemento vitivinícola e económico da Ribeira Sacra, o Consello Regulador mantén o seu compromiso coa transparencia. Por iso, durante todo o período de vendima comunicará semanalmente a evolución da campaña.

Os datos difundiránse a través das redes sociais e da páxina web oficial da Denominación de Orixe, ademais de poñerse a disposición dos medios de comunicación que os soliciten.

  • Variedades tintas: 2.166.077 kg
    • Mencía: 2.005.969 kg
    • Garnacha: 39.567 kg
    • Brancellao: 11.330 kg
    • Merenzao: 46.112 kg
    • Caiño: 12.731 kg
    • Grao Negro: 0 kg
    • Mouratón: 3.998 kg
    • Sousón: 32.838 kg
    • Tempranillo: 13.532 kg
  • Variedades brancas: 894.091 kg
    • Albariño: 53.797 kg
    • Godello: 776.018 kg
    • Treixadura: 44.918 kg
    • Branco Lexitimo: 9.039 kg
    • Dona Branca: 5.944 kg
    • Loureira: 3.347 kg
    • Torrontés: 938 kg
    • Caiño Branco: 90 kg

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...