HomesociedadeA AGACAL destaca a aposta do matadoiro Celtaverde pola produción ecolóxica certificada

A AGACAL destaca a aposta do matadoiro Celtaverde pola produción ecolóxica certificada

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou este xoves as instalacións do matadoiro que a empresa Celtaverde ten no concello de Taboada, onde salientou a aposta desta entidade pola produción en ecolóxico, que dende o ano 2007 está inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alemparte recoñeceu a diversidade deste matadoiro, que naceu co obxectivo de atender as demandas dos veciños da comarca. Nel pode realizarse o sacrificio de gando bovino, porcino, ovino, caprino e proximamente equino. Coas súas instalacións ofrecen servizos de sacrificio, despezamento, fileteado e envasado.

Ademais, puxo de relevo o seu compromiso coa calidade alimentaria, xa que Celtaverde é unha das empresas colaboradoras da campaña Come Local, que ten por obxectivo promocionar o produto galego de calidade certificada e de proximidade entre o alumnado dos centros escolares galegos.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria tamén asistiu este xoves ao pleno do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), no que se tratou a flexibilización da certificación ecolóxica para aqueles produtores que se visen afectados polos lumes este verán, previa solicitude dos afectados.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...