HomesociedadeRetrasos nos pagos a traballadores nunha gardería privada de Monforte

Retrasos nos pagos a traballadores nunha gardería privada de Monforte

CCOO denuncia a Omnia Innovación Educativa por retrasos dun mes no pago aos traballadores sen xustificación.

Publicado o

- Advertisement -

CCOO asegura que Omnia Innovación Educativa, que xestiona a antiga gardería de Caixa Galicia en Monforte, paga aos traballadores cun mes de retraso, facendo caso omiso das peticións do sindicato. Explican desde CCOO, que por lei as nóminas teñen que pagarse nos primeiros 5 días do mes, polo que consideran un abuso por parte desta empresa estar pagando cun mes de retraso.

Por outra banda, o sindicato valora moi positivamente a marcha das eleccións sindicais que se veñen de celebrar, dándolle a CCOO a maioría. O sindicato gañou por unha ampla maioría na Panadería Quiroga e en Piscilor.

CCOO agradece  confianza dos traballadores destas plantillas e lembra que xa lideran como primeira forza sindical, o sindicalismo de referencia e de maior representación da zona sur da provincia.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...