HomesociedadeAs obras de urbanización da Zona D comezan na vindeira semana

As obras de urbanización da Zona D comezan na vindeira semana

O proxecto licitouse o pasado mes de xuño e foi adxudicado á empresa Extraco S.A. por un importe de 420.495,57€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A zona na que se vai actuar ten forma de rectángulo recortado e inclúe os terreos que están ubicados entre o paseo do río Cabe, as traseiras dos edificios da Avenida de Galicia e do Cardenal (BBVA e supermercado) e unha pequena parte do Parque dos Condes que se corresponde co muro de peche e a pérgola.

A superficie total ascende a 3.274 m2, pertencentes a 35 propietarios ou herdeiros, incluída unha comunidade de garaxe. Concretamente, trátase de 1.932 metros de solo privado e 1.342 metros de terreo público.

Ademais da urbanización do espazo, as obras inclúen a dotación de servizos e conexión con redes do sistema xeral da rúa Cardenal. Concretamente, instalacións de saneamento de residuais e pluviais, abastecemento de auga, enerxía, alumeado, telecomunicacións e gas. O proxecto complétase coa pavimentación, xardinería e mobiliario. As obras teñen un prazo de execución de 8 meses.

O Alcalde destaca que “ao igual que pasou na rúa Rof Codina, tamén chamada Zona C, o proxecto da Zona D vai permitir eliminar unha pequena bolsa de maleza, abrindo un novo vial que comunicará a rúa Cardenal co Paseo do Cabe. Así mesmo, vai xerar novas parcelas edificables con baixo impacto e tamén unha pequena zona verde, que mellorará esa zona que se proxecta cara o monumento da Nosa Señora da Antiga. Estamos convencidos de que na Zona D ocorrerá o mesmo, aínda que o seu ámbito é máis reducido, pero non menos importante debido á zona na que se atopa”.

Os planos de reparcelación amosan como quedará a zona edificable e o que se gaña para uso público, tanto en viais como en zonas verdes. Cando a urbanización da Zona D estea rematada o reparto dos novos terreos será o seguinte:

  • Zonas verdes: 541 m2.
  • Viais: 1.550 m2.
  • Edificables: 1.182,95 m2 dos cales 1.126 m2 poden dar lugar a baixos e 3.958 m2 a uso de vivenda.
  • As alturas modificables serán de baixo + 3 na zona que linda co BBVA e de baixo + 1 na zona que linda co Paseo do Río Cabe.
Zona D aprobación definitva

O Alcalde lembra que no informe e na licencia do edificio do BBVA do ano 1969, establecíase obriga de deixar unha franxa de 3,5 metros de ancho paralela ao muro de peche dos Escolapios ata o río Cabe, feito que os promotores do edificio non cumpriron, dado que solo se fixo para o acceso ao garaxe.

Esta reserva de terreo debeuse a que xa no ano 1969 había previsión de facer unha rúa con 7 metros de anchura, aportando outros 3,5 metros da horta dos Escolapios. Na modificación das Normas Subsidiarias do 2000, tal e como figura no plano, prevese unha rúa de 12 metros que inclúe unha rotonda nas proximidades do río.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...