HomesociedadeEste mércores iluminarase en verde a Torre da Homenaxe polo Día Nacional...

Este mércores iluminarase en verde a Torre da Homenaxe polo Día Nacional da Artrite

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con enfermidades reumáticas, a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor verde este mércores, 1 de outubro, para conmemorar o Día Nacional da Artrite

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa é da Coordinadora Nacional de Artritis, ConArtritis, e forma parte da campaña “Outubro, mes da artrite e da espondiloartrite”, coa que este colectivo quere sensibilizar, informar e dar visibilidade a estas enfermidades reumáticas que, aínda que pouco coñecidas, afectan a persoas de tódalas idades e teñen un gran impacto na súa calidade de vida.

 “Desde o Concello de Monforte sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe o 1 de outubro, pois falamos de patoloxías que afectan a máis dun millón de persoas de tódalas idades en España, desde bebés a maiores de 80 anos, que teñen que convivir cada día con estas enfermidades invisibles”, apunta o Alcalde, José Tomé Roca.

Como xesto de solidariedade e visibilidade, a Coordinadora Nacional de Artritis propón iluminar de cor verde algún edificio, fonte ou monumento emblemático da localidade. Neste caso, será a Torre da Homenaxe, no conxunto monumental de San Vicente, a que faga visible este apoio desde o Concello de Monforte.

Campaña “Outubro, mes da artrite e espondiloartrite”

O obxectivo da campaña “Outubro, mes da artrite e espondiloartrite” que ConArtritis leva realizando desde o ano 2006 é dar visibilidade a un conxunto de enfermidades reumáticas como a artrite idiopática xuvenil, a artrite psoriásica, a artrite reumatoide e a espondiloartritis. Son patoloxías teñen cun gran impacto nas persoas que conviven con elas. A nivel físico, supón un amplo número de síntomas e doenzas que afectan á calidade de vida, como a dor crónica, a fatiga extrema, a inflamación articular, a disfunción sexual ou a mobilidade reducida. Desde o punto de vista da saúde mental, afecta tamén pola incomprensión que os afectados reciben por parte de amigos e familiares debido ao descoñecemento sobre estas enfermidades ou a frustración ao non poder realizar certas actividades sociais, laborais ou de lecer

ÚLTIMAS

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...