Homesociedade102.000€ para mellorar as dotacións de 11 asociacións veciñais do sur da...

102.000€ para mellorar as dotacións de 11 asociacións veciñais do sur da provincia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este xoves a sede da asociación de veciños Eduardo Pondal, do barrio da Florida en Monforte de Lemos, que incorporou diversas dotacións coa axuda de case 4.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os fondos destas axudas chegan a través do Plan de acción comunitaria que convoca a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. No caso desta asociación monfortina adquiriuse un ordenador portátil e unha impresora, para as funcións administrativas, así como un televisor con conexión a internet e 50 cadeiras pregables, para as iniciativas que promove o colectivo.

Este programa da Xunta está dirixido a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, e fixa unha contía máxima de axuda de 12.000 euros para obras e de 5.000 euros para equipamentos.

Nas comarcas do sur de Lugo obtiveron o importe máximo destinado a obras a asociación de mulleres rurais da parroquia de Furco, en Carballedo, para a mellora da accesibilidade e da eficiencia enerxética; a asociación de veciños San Cristovo de Mouricios, de Chantada, para a rehabilitación da casa escola de Mouricios; e en Taboada as de San Blas de Tuiriz e a asociación cultural e de veciños Castro Celta, para diversas reformas.

As outras entidades beneficiarias foron a asociación veciñal, cultural e medioambiental Os Entaladoiros, de Folgoso do Courel; a asociación de veciños Santo Cristo das parroquias de San Fiz de Cangas e San Xulián de Serode, en Pantón; o colectivo Os Mouros do Castro, na Pobra de Brollón; as asociacións de Xestoso do Lor e Parteme en Quiroga, e a de San Pedro de Canabal en Sober.

A última convocatoria de subvencións do Plan específico de acción comunitaria contou este ano cun aumento de 1 millón de euros con respecto ao ano 2024 e acada os 4 millóns, en vista do volume de solicitudes e do éxito das convocatorias en anos previos, destacan desde a Xunta.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...