HomesociedadeAs obras de mellora do Cemiterio Vello de Monforte estarán rematadas a...

As obras de mellora do Cemiterio Vello de Monforte estarán rematadas a finais de outubro

A actuación afecta as 80 vías interiores do recinto da Gándara, que son os camiños que vertebran o Cemiterio e que forman parte da rede viaria municipal. As rúas principais, así como as dúas ampliacións levadas a cabo no cemiterio xa contan con rúas pavimentadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, supervisou esta semana as obras de mellora integral que se levan a cabo no Cemiterio Vello Municipal de Monforte, cunha inversión de 212.400 euros. Esta actuación ven motivada porque unha grande parte das vías secundarias do Cemiterio Municipal, inaugurado no ano 1903, estaban sen pavimentar ou con pavimentos realizados en pequenas áreas, sen conexión entre eles, “defectuosos, con distintos niveis e deteriorados, o que provocaba humidades e incluso a entrada de auga nas sepulturas inferiores, situación que se resolverá con estas obras”, explica Tomé.

O alcalde comprobou nesta visita que as obras avanzan a bo ritmo, coa idea de que estean rematadas a finais do presente mes de outubro. “De tal xeito que os monfortinos e monfortinas poidan celebrar o tradicional Día de Santos visitando aos seus seres queridos nas mellores condicións”.

As actuacións de mellora no pavimento que se están executando abarcan unha superficie total de 3.199,50 m², e desenvólvense en 5 fases que se corresponden con 5 zonas diferenciadas:

  • Fase 1 (Zona Noreste): con actuacións de mellora en 708,60 m².
  • Fase 2 (Zona Sureste): en 718,60 m².
  • Fase 3 (Zona Noroeste): en 697,70 m².
  • Fase 4 (Zona Suroeste): en 703,70 m².
  • Fase 5 (Zona Sur): en 370,90 m².

Os traballos estanse realizando de xeito continuado por fases para afectar o menos posible a actividade do cemiterio e consisten na explanación do terreo e demolición da soleira actual, coa colocación dun novo firme de formigón. O proxecto inclúe a colocación dunha rigola para recollida de augas pluviais, con sumidoiros para recollelas que se conectarán á rede de pluviais existente, nas rúas principais.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...