HomesociedadeRemata o Viñobús Vendima e ábrense reservas para “A Caída da Folla...

Remata o Viñobús Vendima e ábrense reservas para “A Caída da Folla 2025”

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra informa do remate da tempada do Viñobús Vendima, que se convertiu un ano máis nunha das actividades máis demandadas do xeodestino; "aos poucos días de abrir as reservas colgouse o cartel de completo e mesmo se habilitou lista de agarda. Nesta edición participaron 109 persoas con perfís moi diversos: familias con crianzas, parellas e grupos de amigos de todas as idades", explican.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maior parte das persoas usuarias do Viñobús Vendima tiñan procedencia galega (A Coruña e Lugo as provincias con máis representación), aínda que tamén tivemos visitantes de Alacante, Cidade Real, Navarra, Madrid e mesmo do Brasil.

Co remate do Viñobús Vendima, dáselle continuidade á oferta turística coa posta en marcha do, tamén clásico, programa de actividades A Caída da Folla, que se estenderá nas fins de semana entre o 11 de outubro e o 9 de novembro.

Entre as propostas inclúense experiencias de contacto coa natureza como rutas de recollida de setas, baños de bosque, unha ruta musicada entre viñedos ou un curso de orientación en montaña; iniciativas culturais e sensoriais como a creación de xabóns artesanais inspirados no outono, a visita nocturna a un mosteiro con cata maridada ou un percorrido pola minería aurífera no Xeopoarque Montañas do Courel; así como actividades de astroturismo, aproveitando a calidade do ceo nocturno en Ribeira Sacra e o recente estreado Destino Starlight no Monte Faro, Chantada, e outras de turismo activo como paseos en BTT.

A información completa pode consultarse en https://turismo.ribeirasacra.org/acaidadafolla2025 | O prazo de reserva está aberto

Con esta programación, o Consorcio continúa a súa aposta pola desestacionalización do turismo no xeodestino, poñendo en valor os recursos máis aló da tempada alta estival, e consolidar Ribeira Sacra como un destino sostible, vencellado á paisaxe, á cultura e ao benestar.

A este respecto péchase setembro con preto de 5.710 prazas diarias ocupadas.  En porcentaxe, tradúcese nun 57% de ocupación media (67% nas fins de semana e 51% en días laborais). Para outubro, atópanse reservadas case a metade das prazas (45%). A ocupación para a Ponte do Pilar (traslado do festivo a luns en Andalucía, Aragón, Asturias, Castela e León e Estremadura), atópase nun 67%.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...