HomesociedadePróximas a rematar as obras da estrada autonómica LU-622 que conecta Sarria...

Próximas a rematar as obras da estrada autonómica LU-622 que conecta Sarria e Láncara

A Xunta de Galicia inviste 895.500 euros no reforzo do firme e a mellora da seguridade viaria na estrada autonómica LU-622, que discorre polos municipios de Sarria e Láncara

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou esta semana a marcha dos traballos, que se executan nos 8 quilómetros de lonxitude da vía, onde se estendeu unha nova capa de rodadura con mistura asfáltica en quente, constrúense cunetas para mellorar a drenaxe lonxitudinal e finalizarase co repintado da sinalización horizontal.

A estrada LU-622 é unha vía de conexión interior que da servizo a numerosos núcleos de poboación, desde o seu inicio en Corvelle (Sarria) ata o enlace no municipio lancarao coa LU-621 (A Pobra de San Xiao-Baralla).

Arias subliñou que a estrada gañará funcionalidade e durabilidade tras estas obras, que comezaron a finais de setembro e está previsto rematar nas vindeiras semanas, “e redundarán especialmente nun maior confort e seguridade para os usuarios”. Neste sentido, explicou que se incorporan cunetas remontables, que pola súa escasa pendente permiten o paso de vehículos en caso de emerxencia.

O delegado lembrou que esta actuación enmárcase no contrato adxudicado o pasado mes de xuño, por 2,3 millóns de euros de orzamento, que incluíu tamén actuacións na LU-533 no Saviñao, e nas vías LU-536 e LU-636 en Sarria.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...