HomesociedadeAlbores celebra este 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental

Albores celebra este 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental

Este venres, 10 de outubro, na Praza de España de Monforte de Lemos, en horario de 11:00 a 13:00 horas, a Asociación convoca unha concentración como parte do compromiso coa promoción da saúde mental e co obxectivo de visibilizar a súa importancia no conxunto da sociedade. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a concentración que terá lugar na Praza de España, realizaranse diversas accións participativas e simbólicas:

  • Mural colaborativo, aberto a toda a cidadanía, para expresar pensamentos, emocións e mensaxes arredor da saúde mental.
  • Reparto de globos como símbolo de apoio á causa.
  • Photocall para compartir e difundir o compromiso colectivo coa saúde mental.
  • Lectura de manifesto en defensa dos dereitos das persoas con problemas de saúde mental, baixo o lema “A túa Mente Importa”.

Desde a Asociación fan un chamamento á participación dos axentes políticos e institucionais da comarca, como mostra do apoio necesario para avanzar cara a unha sociedade máis consciente, xusta e comprometida coa saúde mental.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...