HomesociedadeHoxe, mañá e sempre: a túa mente importa

Hoxe, mañá e sempre: a túa mente importa

Este venres con motivo do Día Mundial da Saúde Mental a Asociación Albores de Monforte organizou varios actos de concienciación. Baixo o lema “Hoxe, mañá e sempre: a túa mente importa”, celebrouse unha concentración na Praza de España coa participación de representantes municipais e numerosas veciñas e veciños.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

De 11.00 a 13.00 horas, os monfortinos e monfortinas puideron coñecer máis de cerca as actividades que desenvolve esta asociación encamiñadas á recuperación integral das persoas con enfermidades mentais e a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias e entorno.

Os concelleiros de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e de Consumo, Regina López, xunto con outros membros da Corporación municipal, participaron nestas actividades e asistiron á lectura do manifesto no que Albores demandou unha maior atención á saúde mental no rural e defendeu os dereitos das persoas afectadas. Purificación Díaz Ferreiro, integrante da asociación, foi a encargada de ler esta declaración.

Durante a concentración na Praza de España elaborouse un mural colaborativo no que os cidadáns puideron expresar os seus pensamentos, emocións e mensaxes arredor da saúde mental. Repartíronse globos e lazos de cor azul entre os asistentes para visibilizar o compromiso con esta enfermidade e un photocall permitiu difundir nas redes sociais este apoio. Con esta actividade, Albores quixo poñer en valor “o poder de estar presentes: acompañar, escoitar e apoiar cada día”, apostando por promover unha sociedade na que “a saúde mental sexa unha prioridade”.

ÚLTIMAS

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...