HomesociedadePublicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

As actividades comezarán o vindeiro luns, 20 de outubro, agás as de Ximnasia Acuática 1 e 2, que están condicionadas á apertura da piscina municipal. Neste caso, Servizos Sociais chamará a todas as persoas admitidas para comunicar a data de inicio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas actividades do Programa Activa que se adxudicaron por sorteo público o pasado 14 de outubro.

Unha vez finalizado o procedemento ordinario de adxudicación de prazas, quedando vacantes en cinco dos talleres ofertados, ábrese un novo prazo de solicitude extraordinario ata completar as prazas dispoñibles.

En total, son 18 prazas nas seguintes actividades:

ACTIVIDADES PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS   
ACTIVIDADENº PRAZAS DISPOÑIBLESDÍAS CLASESHORARIO
COMPETENCIAS DIXITAIS PARA USO COTIÁ INTERMEDIO4XOVES10:00-11:00
INFORMÁTICA BÁSICA6MARTES11.30-12:30
ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS-PERSOAS MAIORES 16 ANOS   
ACTIVIDADENº PRAZAS DISPOÑIBLESDÍASHORARIO
MANUALIDADES 26MARTES19:00-20:30
BAILES LATINOS Nivel iniciación1LUNS19:30-21:00
COSTURA CREATIVA 21MÉRCORES19:00-20:30

Listas de agarda con 5 ou menos solicitantes

As actividades que tras celebrar o sorteo teñen unha listaxe de agarda con número de persoas igual ou inferior a 5, e de cara a garantir durante o desenvolvemento do programa a cobertura de prazas no caso de baixas, son as seguintes:

ACTIVIDADES PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS  
ACTIVIDADEDÍAS CLASESHORARIO
COMPETENCIAS DIXITAIS PARA USO COTIÁ INICIACIONMARTES10:00-11:00
IOGA 2MARTES E XOVES11:00-12:00
CONSERVANDO A MEMORIA 4LUNS11:00-12:30
ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS-PERSOAS MAIORES 16 ANOS 
ACTIVIDADEDÍASHORARIO
BAILES LATINOS PERFECCIONAMENTOMARTES19:00-20:30

Neste caso, na asignación de prazas dispoñibles e lista de agarda terase en conta a orde de entrada no Rexistro municipal, así como os criterios de prelación seguintes:

  • Solicitantes en lista de agarda, logo da celebración do sorteo de prazas de actividades con  máis demanda  que oferta de prazas. No caso de acceder a praza vacante darase de baixa na listaxe de agarda da actividade.
  • Novas solicitudes de participación por persoas que non solicitaran no prazo ordinario.
  • Solicitantes co praza concedida no prazo ordinario (segunda actividade).

O  prazo extraordinario de solicitudes permanecerá aberto do luns 20 de outubro de 2025 ás 9.00 horas ata o venres 24 ás 14.00 horas. As persoas interesadas deberán acudir á Secretaría dos Servizos Sociais para obter información das prazas dispoñibles e formalizar a súa solicitude, exclusivamente no modelo establecido.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...