HomesociedadeSober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

Será os días 7, 8 e 9 de novembro e haberá varias actuacións musicais, o torneo de Catán, a visita dos Bolechas e unha paellada xigante con magosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence a capitalidade, as Festas do Carme que se tivo que suspender por mor do incendio que afectou á localidade o pasado 19 de setembro.

Celebrarán tres xornadas de festa coa seguinte axenda, os días 7, 8 e 9 de novembro:

Venres día 7

  • 12:00h Os Bolechas visitan o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme co seu espectáculo ‘O Gran Reto’.
  • 20:00h II Torneo de Catán.
  • 22:00h actuación da Orquestra Olympus.

Sábado día 8

  • 12:00h misa solemne
  • 14:00h paellada xigante e magosto co acompañamento musical do dúo Charada.
  • 21:00h primeiro pase da Orquestra Los Coleguitas
  • 22:00h concerto de Roi Casal.
  • 23:30h Los Coleguitas

Domingo día 9

  • Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober.
  • 13:00h misa presidida polo bispo da diocese de Lugo Alfonso Carrasco e acompañamento musical do Coro Berea.
  • 14:00h concerto vermú coa Banda de Música de Sober.
  • 21:00h Espectáculo ‘A Historia da Verbena Galega’ coa Orquesta La Oca Band e o humorista Manuel Manquiña.

Festas do Carme Sober 2024 / Concello de Sober

ÚLTIMAS

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...

A Rede Museística Provincial presenta o material filatélico que entrará en curso o 18 de decembro, Día Internacional da Persoa Migrante

A emisión, que conta coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), incluirá...