HomesociedadeComeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

Forman parte deste Programa os concellos de Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón, A Peroxa, Coles, Vilamarín, Amoeiro e Chantada que constitúe a cabeceira do mesmo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade 25/26 ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2025, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicada no DOG 136 do 17 de xullo de 2025; con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e aos fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

O obxectivo do PIE é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral das persoas en situación de desemprego; proporcionando, entre outros, orientación personalizada, información, asesoramento, formación, prospección e intermediación laboral.

O número de participantes ascende a 100 persoas desempregadas dos concellos que integran o programa. Impartiranse 16 accións formativas do catálogo de especialidades do SEPE; que se completarán se así o desexa o participante, con prácticas en empresas para acadar unha maior cualificación de cara ás demandas do mercado laboral. A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menores ou maiores a cargo.

NOME DO CURSO
MANTEMENTO BÁSICO DE LIMPEZA EN INSTALACIÓNS
CONDUCIÓN DE CARRETILLAS ELEVADORAS
XESTIÓN BÁSICA DO ALMACÉN
TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEROS AUXILIOS
COACHING: DESENVOLVEMENTO DE PERSOAS
HABILIDADES SOCIAIS DE ATENCIÓN AO CLIENTE NA VENDA
TRAMITES ON-LINE COA ADMINISTRACIÓN
PROCESO DE EMPRENDER
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
OPERACIÓNS BÁSICAS DE CAIXA
MONITOR DE TEMPO LIBRE
DEPORTE ESCOLAR
MANIPULADOR DE ALIMENTOS
TÉCNICAS E COIDADOS AUXILIARES EN XERIATRÍA
INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO
ANÁLISE DE RISCOS ESPECÍFICOS NO POSTO DE TRABALLO

PIE Chantada / Concello de Chantada

As persoas candidatas a participar son preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia que lles comunica a súa inclusión no programa. Se algunha persoa non citada está interesada en formar parte dos cursos, poderá acudir á selección que comezará o 10 de novembro nos concellos de Pantón e Sober, para rematar o 14 en Carballedo e Chantada. O requisito imprescindible para todas aquelas persoas que desexen participar no programa é estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego no momento da selección

Datas e horas da selección por concello:

ConcelloDataHoraEmprazamento
Sober10/11/20259:30Casa do Concello
Pantón10/11/202511:30Casa do Concello
O Saviñao11/11/20259:30Centro Sociocultural 3ª idade
Taboada11/11/202511:30Casa da Cultura
Vilamarín12/11/20259:30Casa do Concello
Amoeiro12/11/202511:30Casa do Concello
A Peroxa13/11/20259:30Casa do Concello
Coles13/11/202511:30Casa do Concello
Carballedo14/11/20259:30Casa do Concello
Chantada14/11/202511:30Auditorio Municipal

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...